Política de privacidade
Tratamento de datos
ASOCIACIÓN PUNTOGAL, con CIF: G70065107 informa a través da súa web asociacion.gal sobre a súa política de
privacidade respecto do tratamento e protección dos datos de carácter persoal de calquera titular co que
manteña unha relación na que se requira o tratamento dos seus datos. As operacións, xestións e procedementos
técnicos que se realicen de forma automatizada ou non automatizada e que posibiliten a recollida, o
almacenamento, modificación, transferencia e outras accións sobre datos de carácter persoal teñen a
consideración de tratamento de datos persoais, sen prexuízo do indicado no apartado 4 desta política.
Lexitimación do tratamento
A base da lexitimación do tratamento de Datos Persoais será a que resulte da relación contractual ou
precontractual, a laboral ou calquera outra que se requira para o tratamento de datos, tales como o
consentimento expreso.
Comunicacións electrónicas
-
No caso de recibir comunicacións por estes medios (correos electrónicos, mensaxes de resposta automatizada
de formularios, e outros sistemas de comunicación) informámoslle que as mensaxes diríxense exclusivamente ao
seu destinatario e poden conter información privilexiada ou confidencial. Si non é vostede o destinatario
indicado, queda notificado de que a utilización, divulgación e/ou copia sen autorización está prohibida en
virtude da lexislación vixente.
-
De conformidade co establecido na Lei 34/2002 de 11 de xullo, de Servicios da Sociedade da Información e do
Comercio Electrónico, e a Directiva 2002/58/CE comunicámoslle que no suposto de non desexar recibir
comunicacións e informacións de índole comercial mediante este sistema de comunicación electrónica nolo
indique por esta mesma vía indicando no asunto “BAIXA COMUNICACIÓNS COMERCIAIS” para que os seus datos
persoais sexan dados de baixa da nosa base de datos. A súa solicitude será accionada nun prazo de 10 días
desde ou seu envío. No suposto de que non recibamos contestación expresa pola súa parte, entenderemos que
acepta e autoriza que a nosa entidade siga realizando as referidas comunicacións.
Responsables de tratamento
En cumprimento da lexislación vixente en Protección de Datos le indicamos que os datos persoais que vostede
nos facilita de forma voluntaria por calquera dos nosos medios de recollida de información serán incorporados
a tratamentos automatizados e/ou manuais, sendo ASOCIACION PUNTOGAL o responsable dos devanditos tratamentos.
Os datos non se cederán a terceiros salvo nos casos en que exista unha obrigación legal. Así mesmo, declara e
garante que mantén os niveles de seguridade para a protección de datos persoais conforme dispón a lexislación
vixente, e que estableceu todos os medios técnicos ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración,
acceso non autorizado ou roubo dos datos facilitados polos interesados e para que os seus empregados observen
esas prescricións, así como o deber de segredo sobre os datos obxecto da protección e demais obrigas de
confidencialidade vixentes. Os datos serán conservados mentres dure a relación que xera este tratamento ou
durante os anos precisos para cumprir as obrigacións legais. Unha vez finalizada a relación que xustifica o
tratamento de datos, estes serán bloqueados conforme ó disposto na normativa, transcorrido o prazo legalmente
establecido serán eliminados. (ver en cada finalidade o prazo de conservación). A normativa de protección de
datos confírelle ao titular dos datos persoais os seguintes dereitos:
- Dereito a revocar calquera consentimento prestado previamente.
-
Dereito de acceso: Coñecer que tipo de datos se están tratando e ás características do tratamento levado a
cabo.
-
Dereito de rectificación: Poder solicitar a modificación dos datos que sexan inexactos ou non veraces.
-
Dereito de portabilidade: Poder obter unha copia en formato interoperable dos datos que estean sendo
tratados.
- Dereito á limitación do tratamento nos casos que considere que non é necesario.
-
Dereito de cancelación: Solicitar o cese do tratamento dos datos e a súa supresión cando non sexa necesaria
a súa conservación.
-
Dereito a interpoñer unha reclamación perante a Axencia Española de Protección de datos C/ Jorge Juan, 6
28001-Madrid - FAX: 914483680- TELF: 901 100 099- E-mail: ciudadano@agpd.es
-
Se desexa máis información respecto ao tratamento dos seus datos, rectificar aqueles que sexan inexactos,
opoñerse e/ou limitar algún tratamento que considere que non é necesario ou solicitar a cancelación do
tratamento cando os datos non sexan necesarios, pode dirixirse por escrito a: ASOCIACION PUNTOGAL en RUA
TABERNAS,11 , 15001- A CORUÑA (A CORUÑA) ou mediante correo electrónico a info@dominio.gal
A mencionada comunicación deberá reflexar a seguinte información: Nome e apelidos do usuario, a petición de
solicitude, o domicilio e os datos acreditativos. O exercicio de dereitos deberá ser realizado polo propio
usuario. Non obstante, poderán ser executados por unha persoa autorizada como representante legal do
autorizado. En tal caso, deberase aportar a documentación que acredite esta representación do interesado.
Finalidades dos tratamentos de datos
Detallamos a continuación as finalidades dos tratamentos de datos levados a cabo por algún ou todos os
Responsables de Tratamento enumerados anteriormente:
-
XESTIÓN LABORAL: Xestión da relación laboral cos empregados; tratamento dos datos necesarios para o
mantemento da relación laboral: xestión de nóminas, formación… Os datos proporcionados conservaranse durante
os prazos previstos pola lexislación fiscal e laboral e os necesarios para cumprir as obrigacións legais.
-
XESTIÓN FISCAL CONTABLE: Xestión dos datos necesarios para o cumprimento das obrigacións fiscais e contables
da empresa. Os datos conservaranse nos prazos previstos pola lexislación fiscal.
-
XESTIÓN DE CLIENTES: Poder prestar os servicios contratados e facturar os mesmos. Os datos proporcionados
conservaranse mentres se manteña a relación comercial ou durante os anos necesarios para cumprir coas
obrigacións legais.
-
XESTIÓN DE POSIBLES CLIENTES / CONTACTOS: Xestión dos datos necesarios dos clientes para poderlles enviar
publicidade relacionada cos nosos produtos e servicios por calquera medio dispoñible, enviar orzamentos de
servicios e/ou produtos, e convidalos a eventos do seu interese. Os datos proporcionados conservaranse
mentres non solicite o cese do mencionado tratamento.
-
SELECCIÓN DE PERSOAL / XESTIÓN RRHH: Xestión dos datos de participantes en procesos de selección de persoal
e xestión de todos aqueles currículos e outras informacións aportadas por candidatos a un posto de traballo
para mantelos informados das distintas vacantes a un posto de traballo que se produza na nosa organización.
Os datos proporcionados conservaranse ata a adxudicación dun posto de traballo ou ata que se exerza o
dereito de cancelación sobre mencionado tratamento (non superando en ningún caso o ano). En todo momento o
candidato pode opoñerse ou limitar o alcance do tratamento dos seus datos.
-
ORGANIZACIÓN DE EVENTOS: Xestión dos datos de clientes para poder organizar eventos (cursos, charlas,
concursos e outras actividades de difusión) por parte de calquera dos Responsables do Tratamento. Os datos
proporcionados conservaranse mentres non se solicite o cese de mencionado tratamento ou durante os anos
necesarios para a xustificación da actividade.
-
XESTIÓN MULTIMEDIA: Xestión das imaxes e/ou vídeos captadas nos diferentes eventos organizados pola empresa
para a difusión da actividade e/ou xustificación da mesma. Os datos serán conservados mentres teña
relevancia a difusión da actividade ou ata que se solicite a cancelación da mesma.
-
XESTIÓN COMERCIO ELECTRONICO. Xestión dos datos necesarios para poder realizar a xestión da tenda online,
tramitar os pedidos e o envío dos Os datos conservaranse mentres non se solicite o cese de mencionado
tratamento.
-
XESTIÓN SOCIOS. Xestión dos datos necesarios dos socios para poder realizar as comunicacións necesarias,
prestar los servicios da asociación e enviar comunicacións. Os datos conservaranse mentres non se solicite o
cese do tratamento.