Quen somos?

omeu.gal é unha iniciativa de PuntoGal desenvolvida por Raiola Networks.

Un correo de balde totalmente en galego e cun dominio .gal.

Un webmail seguro, privado e moderno ao que se pode acceder desde calquera dispositivo.

PuntoGal

PuntoGal é a entidade xestora do dominio galego. Como rexistro, ten entre as súas funcións manter operativos todos os nomes rexistrados baixo o paraugas de .GAL cumprindo as distintas normativas internacionais de funcionamento da rede. Xestiona o rexistro e a venda de dominios .GAL co obxectivo de crear e manter unha comunidade relevante arredor da lingua e a cultura galegas.

PuntoGal destina unha parte importante dos recursos que obtén da venda de dominios ao seu programa de acción corporativa con entidades da lingua, a cultura, a tecnoloxía ou calquera outro ámbito relacionado co país.

Ademais, representa a Galicia ante organismos internacionais que deciden sobre o funcionamento da rede ou o seu futuro, como é o caso da ICANN. Facemos que a nosa voz, e tamén o noso idioma, se escoite neses foros.

Raiola Networks

Raiola Networks é unha empresa de aloxamento web e dominios para sitios web de todos os tamaños. Fundada en Lugo no ano 2014, na actualidade conta cunha equipa de preto de 60 empregados e con sedes en Lugo e na Coruña. Raiola Networks da servizo a máis de 60.000 clientes de todo o mundo, aos que axudan a ter éxito cos seus sitios web, sexan grandes ou pequenos, e a tirar o máximo partido á súa presenza online.

Raiola Networks ofrece, entre outros servizos, plans de Hosting SSD, Hosting para WordPress, Hosting Elástico (onde é o cliente quen escolle exactamente os recursos que precisa), Servidores VPS SSD optimizados para aguantar picos de tráfico e Servidores Dedicados. Como empresa, Raiola Networks caracterízase pola súa rapidez de resposta, pola estabilidade que promete e pola calidade da súa atención ao cliente.